O día da nosa cultura: letras galegas

Foi en 1963 cando algúns membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: declarar o día 17 de maio de cada ano “Dia das Letra Galegas“. Aproveitando o centenario aquel ano da publicación dos “Cantares gallegos” de Rosalia de Castro.

Estimaban os académicos que ese libro rosaliano publicado en 1863 “foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea” e que “a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.

Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á poetisa Fernán Caballero.

Así, cada ano homenaxéase a unha figura clave nas letras do noso país, das letras galegas. Foron homenaxeados literatos da categoría de Uxío Novoneyra (2012), Manuel Murguía (2000),  Martín Códax (1998), Álvaro Cunqueiro (1991), Alfonso X “O Sabio” (1980), etcétera. Así ata a primeira que foi, por suposto, a nosa Rosalía en 1963.

Precisamente o homenaxeado no ano 1964, Castelao, definíu e defendeu a nosa Fala:

A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. […] “¿Acaso queredes dicir que é un dialecto do latín?”. Pois entón, chamádelle dialecto ó francés, ó italiano, ó rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego.

E diríalles máis: “ Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados”.   […]

Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición psicoloxica dun pobo, que, en condicóns históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa una atentado á súa cultura peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por iso, as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poderán converterse en parásitos da cultura dominante; pero endexamais se deixan asimilar. 

[…] queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabiduría manisfestada) para ofrendalo ó acervo espiritual da Humanidade.         

  “SEMPRE EN GALIZA”  VI,  Libro primeiro

E foi o homenaxeado en 1965, Eduardo Pondal, o autor do poema (“Os pinos”) que deu letra ó himno galego, quen escribíu:

IMG_20130517_124407

E xa chegados a este 17 de maio de 2013, temos un homenaxeado moi polifacético, Roberto Vidal Bolaño. Vidal Bolaño marchou xa neste século XXI, é contemporáneo incluso da xuventude galega. Os afeccionados ó teatro alegrámonos moito de que sexa a súa figura a representativa d’hoxe. Eu tiven a sorte de ver hai uns anos, vivo él, a súa obra “Criaturas” no Torrente Ballester en Ferrol. Lémbrome dél tamén na súa faceta de actor, no seu emotivo papel no filme de Chano Piñeiro “Sempre Xonxa” (primeira lungametraxe galega). Vidal Bolaño recibíu o premio Max de teatro un ano antes de finar. Home polifacético e comprometido coa cultura galega.

Anque carecemos de fontes precisas en canto ó coñecemento da nosa historia teatral anterior ó século XIX, esa carencia non necesariamente é interpretable como que non existise. Resulta difícil crer que unha escola trobadoresca como a nosa, non fora herdeira, ou mesmo tivese parella unha bufonesca ou xograresca de semellante importancia e altura, anque de imposible perpetuación escrita por canto a súa condición teatral facíaa esencialmente perecedoira.
Testemuñas quedan non obstante de que algo debeu haber, sen o que non sería posible explicar hoxe a pervivencia aínda de mostras dun teatro medieval ricaz e farturento, en formas como o teatro relixioso, a Semana Santa, os corpus, os maios, e sobre todo o entroido, un dos máis esplendorosos da península ibérica. Que non se queiran entender como formas teatrais puras non debera poñer en cuestión a súa existencia, senón a estreitura de miras dos nosos estudiosos, escravizados maiormente pola cativa consideración de que por teatro só é posible entender hoxe a súa forma culta, ou sexa a burguesa.
A outra historia, a que está datada e contrastada polos documentos, correu sempre parella á nos a necesidade de nos reafirmar como cultura, país, pobo ou nación, cun xeito peculiar de ser e estar no mundo. Xerou xa a súa propia tradición. Arrinca dos Precursores, está nos Rexionalistas e chega ata hoxe a través das Irmandades da Fala, a Xeración Nós, o teatro da emigración e do exilio e o teatro da posguerra. É da busca da satisfacción desa mesma necesidade e dunha e doutra tradición, xunto con aqueloutras do patrimonio universal susceptibles de enriquece-lo noso, de onde xurdiu e segue a xurdir cada día o mellor teatro do presente. Aquel que máis e máis decididamente aposta polo futuro, por un teatro galego capaz de traducir en termos de universalidade o particular e de lles restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espallar, co que sentirse identificado e ó que ter como propio.

Perspectivas do teatro galego actual, Roberto Vidal Bolaño

Texto publicado nas Actas das primeiras xornadas das Letras Galegas en Lisboa.

Gostemos da nosa idiosincrasia galega libremente.

BÓ DÍA DAS LETRAS GALEGAS a todos o que gosten deste idioma e desta cultura, sexan galegos de nacemento e crianza ou non.

Adícolle este post moi especialmente a tódolos galegos e galegas que por circunstancias da vida están a experimentar esa acción que forma parte da nosa historia como é a emigración. A TÓDOLOS EMIGRANTES GALEGOS.

BF3-1106

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

FAAEE

FAAEE+Antropología

AZTE-K

Sabores de Mexico

myboyfriendthecrocodile

From living the high life with Prince Charming in Chicago to divorcing her 2nd Spanish husband (aka “the crocodile”) + 2 kids later. Here is blog about the realities of a 21st century woman. Happy reading ladies!

MartuBlog

Política, cosas de Martu y hasta tontunas...

Á Sombra de Bouza Panda

O blog de Rafael Quintía

ePIDEmicas

Escribimos posibles imposibles, con la cabeza o con el corazón, pero siempre se nos ve la pluma.

El Antropólogo Principiante

Just another WordPress.com site

Instituto Jane Goodall Senegal

Programa de conservación del chimpancé de África del Oeste y gestión sostenible de los recursos naturales del Instituto Jane Goodall España .

SUPERVIVENCIA DIRECTIVA |sólo el cambio permanece

Era de la Innovación. Liderazgo Human Capital Gestión Cambio RRHH Virginio Gallardo

gentequeviaja

Un blog para viajeros que aman otras culturas

Laboratorio para Sapiens

Un espacio creado por ROSA M. TRISTÁN para investigar y profundizar en el trabajo y la vida de aquellos seres humanos que aportan sabiduría en este pequeño y maltratado planeta azul

Ssociólogos | Blog de Actualidad y Sociología

Blog de Actualidad y Sociología

ferroleconomiaycintasdevideo

Just another WordPress.com site

SERENDIPIA |Escuchando las oportunidades de cada día

Un blog de Alicia Pomares sobre recursos humanos, innovación, redes sociales corporativas, 2.0

ANTROPOTHINGS

para entendernos

De Boca en VocaBlog

Damos que hablar

A %d blogueros les gusta esto: