A lenda do Monte Medulio

A primeira vez que escoitei esta historia foi na escola, non cumplira eu aínda os dez anos e entrou nos meus sensos de tal maneira que foi un ingrediente importantísimo para a construcción da miña idiosincrasia. Unha lenda cun fondo arraigamento na cultura galega; tan fondo, que varios lugares son defendidos como o lugar orixinal dos sucesos.

¿Qué pasou no Monte Medulio?

Os romanos e castrexos da zona (astures, cántabros e galaicos) bátense na súa derradeira batalla. Os castrexos acaban asediados polos romanos no Monte Medulio, rodeado por un foso. Antes que caer en mans dos romanos, toman a decisión de facer un suicidio colectivo por medio do  veleno dunha pranta do monte.

O espírito de resistencia e de dá-la vida pola libertade, por non ser sometido (tendo en conta a época colonizadora no Imperio Romano), fai que esta lenda de visión romántica (históricamente falando) siga viva na conciencia galega coa mesma forza a través dos séculos.

¿Onde está ubicado o Monte Medulio?

Hai varias localizacións que son reclamadas por veciños e historiadores. Non só en Galicia, senón tamén en Asturias, León ou Cantabria.

gallaecia

Unha hipótese é o Monte Cido, na serra do Courel en Galicia, pois o seu nome que provén do latín vén significar “matanza” e ademáis atopáronse neste lugar vestixios romanos de loita. Outras hipóteses son o Monte Aloia ou o de Santa Tegra na provincia de Pontevedra. Na provincia de Ourense hai varias localización posibles, como o Monte Medo en Baños de Molgas, o Monte Medelo ou o Monte de O Castelo en Pereira de Aguiar, onde se atopou unha inscripción en pedra que versaba “quedos e pacificados“.

Tecla Santa Tegra, Tui (Pontevedra)

Historiadores da época relataban a heroicidade dos nativos da zona. Os historiadores Paulo Orosio e Lucio Anneo Floro deixaron relatos sobre o suceso. Orosio relatou: “Pois tamén cercaron con asedio o Monte Medullio, que se alza sobre o río Minio, e no que se defendía grande multitude de homes, despois de rodealo cun foso de quince millas de lonxitude.” Floro, pola súa parte, deixou escrito: “Por último tivo lugar o asedio do Monte Medullio, sobre o cal, despois de cercalo cun foso continuo de quince millas, avanzaron a un tempo os romanos por todas partes. Cando os bárbaros vense reducidos á extrema necesidade, en medio dun festín, déronse morte có lume, a espada e o veleno que alí acostuman a extraer. Así a maior parte librouse da cautividade, que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte.”

No Monte Pindo, en Carnota, na Costa da Morte está outro dos posibles lugares onde os nosos antergos elixiron morrer en libertade. Este monte está alagado de mitos e lendas. Coñecido coma o Olimpo Celta. Conta unha lenda que os celtas esculpiron as súas pedras (con características formas debido á glaciación) para rendir homenaxe ós deuses

monte-pindo Monte Pindo, Carnota (A Coruña)

¿Lenda ou historia?

Lenda e historia ou lenda versus historia. A receita leva ambo-los dous ingredientes. E coma en tódalas culturas, disfrutamos das nosas lendas, historias adecentas e masticadas polos anos e as xentes.

“O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!”

                                         Ramón Cabanillas, “¡En pé!”

Vale máis ser libre un día no confín do bravo mar, que vivir toda a vida, preso, escravo e a calar!” (Fragmento de “Meu amor é mariñeiro” de Fuxan os ventos).

Historia é, dende logo exactamente o que se escribíu, pero ignoramos se é o que sucedeu.” Enrique Jardiel Poncela

O que teme é un esclavo.” Séneca

Adico este post a toda a xente que traballa infatigablemente loitando contra o lume que asola os nosos montes, montes que agochan os segredos da nosa historia. GRAZAS

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

FAAEE

FAAEE+Antropología

AZTE-K

Sabores de Mexico

myboyfriendthecrocodile

From living the high life with Prince Charming in Chicago to divorcing her 2nd Spanish husband (aka “the crocodile”) + 2 kids later. Here is blog about the realities of a 21st century woman. Happy reading ladies!

MartuBlog

Política, cosas de Martu y hasta tontunas...

Á Sombra de Bouza Panda

O blog de Rafael Quintía

ePIDEmicas

Escribimos posibles imposibles, con la cabeza o con el corazón, pero siempre se nos ve la pluma.

El Antropólogo Principiante

Aprendiz de Antropología Social y Cultural

Instituto Jane Goodall Senegal

Programa de conservación del chimpancé de África del Oeste y gestión sostenible de los recursos naturales del Instituto Jane Goodall España .

SUPERVIVENCIA DIRECTIVA |sólo el cambio permanece

Era de la Innovación. Liderazgo Human Capital Gestión Cambio RRHH Virginio Gallardo

gentequeviaja

Un blog para viajeros que aman otras culturas

Laboratorio para Sapiens

Un espacio creado por ROSA M. TRISTÁN para investigar y profundizar en el trabajo y la vida de aquellos seres humanos que aportan sabiduría en este pequeño y maltratado planeta azul

Ssociólogos | Blog de Actualidad y Sociología

Blog de Actualidad y Sociología

ferroleconomiaycintasdevideo

Just another WordPress.com site

SERENDIPIA |Escuchando las oportunidades de cada día

Un blog de Alicia Pomares sobre recursos humanos, innovación, redes sociales corporativas, 2.0

ANTROPOTHINGS

para entendernos

De Boca en VocaBlog

Damos que hablar

A %d blogueros les gusta esto: