Entroido, un sentimento

Xa foi o Entroido e moitos inda están coa resaca entroidesca, por iso teño o placer, o gusto, a ledicia e a ilusión de poder compartir dende o meu blogue as vivencias dunha entroideira de verdade, desas que viven o Entroido dende dentro, dende dentro dunha comparsa galega. Ela é Noelia e forma parte da directiva de “Os Macanudos” de Barreiros, na Mariña Lucense. Coñecín a Noelia como compañeira nas horas de traballo e tanta paixón mostraba ó falarme do seu particular Entroido que inviteina a compartilo dende aquí. Moitas grazas polo tempo adicado.

Invito a todos a coñecer o Entrodio da Mariña Lucense. O próximo ano agardo poder acudir e deixarme levar con estes “Macanudos” que, por certo, seica levaron varios premios este ano. Noraboa e a seguir vivindo e fortalecendo o folclore galego!

****

<<Esforzo, adicación, compromiso, ledicia, diversión…son algúns dos sentimentos que para min definen o entroido. O meu entroido mariñán… O meu… e o de moita máis xente. Porque a pesar de ser descoñecido por moitos, por non figurar como entroido de interese turístico, ou por non representar un entroido típico galego… non ten nin moito menos porqué ser desprezado; xa que é un entroido ESPECIAL.  Miles de persoas ano tras ano vivimos por e para él. Esperamos con añoranza a súa chegada, botamos centos e centos de días pensando nél e soñando con él. Non deixa de ser… un sentimento inexpicable, á vez que contaxioso, de gran felicidade.

 

Foto 1

Os Macanudos do 2014 no primeiro desfile da temporada en Foz (Lugo).

Tradicionalmente o entroido era considerado ese período de permisividade e descontrol que tiña lugar antes da cuaresma cristiá. A xente ocultaba a súa identidade e sumerxíase no “todo vale”. Na actualidade eu vivo outro tipo de entroido. A permisividade está presente no día a día.  Para min pensar no entroido significa pensar na obtención de resultados.  De resultados, sentimentais! Durante meses preparámonos para eses días de troula, onde o sorriso non se borra das nosas caras, a pesar dos nervios, dos contratempos, da choiva, do sol asfixiante,  das grandes perdas… o único que importa é pasalo ben e facer q os demáis o pasen ben.

Aló polo 2011 surxíu na miña vida unha nova oportunidade. No pobo veciño ao meu Foz natal, Barreiros, un grupo de persoas (que máis tarde descubriría que son maravillosas) ían retomar unha antiga agrupación “entroidesca”, ou mellor dito unha comparsa. Durante finais dos anos oitenta, principios dos noventa, e coincidindo coa miña infancia, adicábanse a disfrazarse, bailar, turutear, entreter á xente, pero sobre todo a pasalo ben. Eran os míticos MACANUDOS!

Foto 3         Foto 2

Os antigos Macanudos, diferentes anos.

Cando se me prántexou dubidei, pois proveño dun pobo con gran tradición neste tipo de agrupacións e nunca antes pensara formar parte delas, a pesar do moito que chamaban a miña atención.  Tras-me decidir a sumerxirme de cheo nesta aventura,  comprendín o traballo e esforzo que conleva pertencer a elas. Pero sobre todo descubrín que era unha parte da miña vida que anhelaba sen sabelo.  Os momentos de tristura son moitos menos cando te rodeas de “entroideiros” de verdade. Os meus Macanudos son tal e como di o nome, moi macanudos. Nunca falta alguén para sorrir, alguén que che dea un abrazo, alguén con quen disfrutar da festa e con quen afrontar un problema. Facemos música e baile, o ritmo corre polas nosas veas! Non sei qué sería da miña vida sen unha turuta para interpretar unha canción! Sen uns zapatos de flamenca para poder bailar sobre eles! (Aínda que rematan por destrozarme os pes).

Foto 4            Foto 5

Os Macanudos nos desfiles de Lourenzá e Mondoñedo (Lugo).

Orgullo e satisfación é o q sinto. Non só por ser macanuda, senón de formar parte do Entroido da Mariña Lucense, onde o arte local percorre pobos e invade ás persoas todos os días do ano.
Vivo con cada entroido máis de quince días de troula, porque eu non festexo a queima do entroido, non quero pórlle fin, nin vivir un trance de luoito. Quero enlazar un con outro, para sempre, sempre, sentir vivo ao meu Entroido.>>

Foto 6

Detalle do disfraz do 2014 no desfile de Foz (Lugo).

Por Noelia Núñez Rivera, entroideira de corazón e macanuda por sempre

Anuncios

3 comentarios (+¿añadir los tuyos?)

  1. Raquel
    Mar 22, 2014 @ 20:20:51

    Un artigo macanudo. Dan ganas de disfrazarse e que chegue xa o carnaval.

    Responder

  2. Lorena
    Mar 24, 2014 @ 11:31:56

    O entroido mais ca un sentimento, no entroido vivimos para el, disfrutamolo e sentimolo, por iso eu, coma ti, Noelia, e imaxino que como o resto dos nosos compañeiros, temos un parte do noso corazon adicado os Macanudos, que como ben dí, somos e seremos sempre MACANUDOOOS!!!
    Viva o Entroido e Vivan os Macanudos!!!
    Pro ano mais e millor!!!

    Moi bo artigo compañeira!!

    Responder

  3. carla
    Mar 25, 2014 @ 19:24:49

    Moi chulo Noe!!! Xa dos dan ganas dos próximos Carnavales lendo esto :)))

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

FAAEE

FAAEE+Antropología

AZTE-K

Sabores de Mexico

myboyfriendthecrocodile

From living the high life with Prince Charming in Chicago to divorcing her 2nd Spanish husband (aka “the crocodile”) + 2 kids later. Here is blog about the realities of a 21st century woman. Happy reading ladies!

MartuBlog

Política, cosas de Martu y hasta tontunas...

Á Sombra de Bouza Panda

O blog de Rafael Quintía

ePIDEmicas

Escribimos posibles imposibles, con la cabeza o con el corazón, pero siempre se nos ve la pluma.

El Antropólogo Principiante

Just another WordPress.com site

Instituto Jane Goodall Senegal

Programa de conservación del chimpancé de África del Oeste y gestión sostenible de los recursos naturales del Instituto Jane Goodall España .

SUPERVIVENCIA DIRECTIVA |sólo el cambio permanece

Era de la Innovación. Liderazgo Human Capital Gestión Cambio RRHH Virginio Gallardo

gentequeviaja

Un blog para viajeros que aman otras culturas

Laboratorio para Sapiens

Un espacio creado por ROSA M. TRISTÁN para investigar y profundizar en el trabajo y la vida de aquellos seres humanos que aportan sabiduría en este pequeño y maltratado planeta azul

Ssociólogos | Blog de Actualidad y Sociología

Blog de Actualidad y Sociología

ferroleconomiaycintasdevideo

Just another WordPress.com site

SERENDIPIA |Escuchando las oportunidades de cada día

Un blog de Alicia Pomares sobre recursos humanos, innovación, redes sociales corporativas, 2.0

ANTROPOTHINGS

para entendernos

De Boca en VocaBlog

Damos que hablar

A %d blogueros les gusta esto: